Orfeon Condado Paradanta                                                                                                                                                                                     

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BIOGRAFIA DIRECTOR (GALEGO)

Traducir al castellano


CURRICULUM VITAE.
VÍCTOR FERNÁNDEZ NOGUElRAS

Víctor Fernández Nogueiras nace na parroquia viguesa de candean no
ano 1970.
Con 8 anos de idade comeza a sua andaina na musica con baile galego e
de seguido coa gaita tradicional galega co seu Mestre olimpio.
Escomenza os seus estudios musicais axudado polo seu tío Darío
Fernández ; é este o que fai que Víctor se decante polo clarinete .(
instrumento que tamén tocaba o seu avó Emilio Femández).
Aos 11 anos ingresa na "Banda Escola da Unión musical de
Valadares " aquí recibe clases de solfexo e harmonía co mestre José
Iglesias Ramilo e de clarinete con Antonio Vázquez Graña (Tocho).
Asiste a clases de perfeccionamento con clarinetistas de renome como:
■ Francisco Perez Rodriguez
■ Joan Lluna no ano 1986
■ Walter Boeykens no ano 1987
■ Marcel Van Bree (2003-2008)

Ao mesmo tempo que compaxina estudios nos conservatorios de música
de Vigo e de Ponteareas onde acada o seu título de mestre de clarinete.
Pero é o seu mestre José Iglesias e o que introduce a Víctor no mundo
da dirección de coral e banda; ensino que moi a curto prazo comezará
a dar os seus froitos.
Os 16 anos comeza a dirixir o coro infantil VELAI-VAI de Valadares e
apenas un ano máis tarde a coral polifónica de Candeán. Tamen foi un
dos membros fundadores da "Banda Escola de música de Candeán ".
No ano 1993 e cando Víctor asume o cargo de director da " Banda
Municipal de Arbo". Impartindo clases de solfeso,clarinete e saxofon ao
mesmo tempo que se encarga da dirección da escola de musica.
o día 23 de Abril de 1994 inaugura a " Banda Municipal de Arbo" ,
apadriñada pola "Unión Musical de Valadares". Cinco anos despois ;
cunha banda de unha media de idade de trece anos,e recentemente
inaugurada acadan os seguintes galardons;

● 1º Premio e mención de honra do certame de música internacional de
Valencia (3ª sección) ano 1999.
● Certame internacional de valencia 2001 - 2° Premio (2ª "sección)
● II Certame Provincial de Pontevedra 2002 - l°Premio e mención
de honra (3" sección)
● III Certame Provincial de Pontevedra 2003- l°premio (3°
sección)
● IV Certame Provincial de Pontevedra 2004- 1°Premio e
Mención de honra (3ª sección)
● VI Certame provincial de Pontevedra 2006- 1°Premio ("
(3ªsección )
● I Certame de Bandas de música, zona sur 2008- l°Premio
(3ª Sección)
● II Certame de Bandas de Música, zona sur 2009- 2°premio
(3ªsección )
● lII Certame de bandas de musica, zona sur 2010- 2° premio
( 3ªsección

Pero os recoñecementos deste director non só veñen coa súa banda;
xa que no ano 1995 crea a "Coral Polifónica de Arbo", anos máis
tarde a "Coral Santa Baia de Mondariz ".

Estas agrupacións formarán o "Orfeón Condado Paradanta"
(proxecto ideado por Víctor Fernández).
Con esta agrupación acada os seguintes premios;
● Premio a mellor interpretación de habanera "Villafranca de los
Barros "Badajoz ano 2006.
● II Premio Panxoliñas na catedral de Tui ano 2011
Coa panxoliña composta por el " cantigas ó Nadal "
No ano 2003 organiza un curso de direccion en arbo co mestre
Marcel Van Bree e en vista do seu éxito de seguido no ano 2004 o
"1ªSeminario de Dirección de Banda e Orquestra Vila de Arbo" a
nivel galego , co mestre Marcel Van Bree; seminario dun ano de
duración.
Asiste en Lalín a unha xuntanza co recoñecido compositor;
Johan De Meij compositor da sinfonía:
(" El Señor de los Anillos")
traballando esta sinfonía expresamente no curso.
Nesta última década Víctor Femández tamén se está adicando a
composición; onde tamén foi galardoado en varias ocasións:
● Ano 2007 -II Premio á Panxoliña inédita "O rei Salvador"
● Ano 2008 -II Premio á Panxoliña inédita" Naceu o Nadal"

Ten composto varias marchas e pasodobres como:

●Vila de Arbo Himno
●Divina pasodobre
● Eleazar Marcha
● Manuel González Marcha
● Manuel Rivera Marcha de concerto.

● En xuño do ano 2011 foi director invitado pola banda de musica.
UNION MUSICAL DE VALADARES.

Na actualidade Víctor Fernández dirixe:

● Coral polifónica de Arbo
● Coral Polifónica Santa Baia de Mondariz
● Orfeón condado Paradanta
● Coro Municipal de A Veiga (Ourense)
● Escola de Música de Melgaço(Portugal)
● É compoñente da Unión Musical de Valadares

Víctor Femandez sempre se lembra de que tódolos os seus exitos
acadados na sua traxectoria musical ten coma punto de referencia as suas
queridas agrupacions:
Union Musical De Valadares.
Banda Municipal De Arbo.
E Ó SEU MESTRE :

Jose Iglesias Ramilo

Telefonos de contacto :633.275.999. 672.322.264